SÁBADO 8 DE OUTUBRO, A PARTIRES DAS 10.30H DA MAÑÁN
NA ALAMEDA DE REDONDELA
PROGRAMA
Arquivado en: Actividades da Rede Galega de Sementes | Deixar un comentario »
SÁBADO 8 DE OUTUBRO, A PARTIRES DAS 10.30H DA MAÑÁN
NA ALAMEDA DE REDONDELA
PROGRAMA
Arquivado en: Actividades da Rede Galega de Sementes | Deixar un comentario »
Arquivado en: Actividades da Rede Galega de Sementes | Deixar un comentario »
Para o sábado 9 de xullo hai organizado o II Encontro da Rede.
Coma a vez anterior, a idea principal é favorecer o intercambio de sementes tradicionais e variedades locais. Así que cada quen debe levar as sementes que lle sobren para poder repartilas cos outros participantes desta xuntanza.
Como a cousa de apañar sementes tamén ten as súas peculiaridades, un dos compañeiros ofreceuse a dar un obradoiro sobre como e cando recoller as sementes das nosas mellores plantas.
O outro grande motivo do Encontro é apoiar a creación dun grupo local de traballo da Rede Galega de Sementes.A maioría dos integrantes da Rede viven na zona sur de Galiza e por iso, ata o dagora, as máis das veces nos xuntamos polo sur. Como somos conscientes de que hai xente a quen lle interesa participar desta iniciativa, pero non se poden permitir vir onda nós, cremos que, para que se espalle a Rede é preciso que outros grupos de traballo se vaian formando noutras partes de Galiza. Xente disposta hai abondo. así que hai que comezar a organizarse. Cremos que esta reunión de Herbón é un bo momento.
Para arredor das 14.00 horas está previsto o Xantar Popular. A idea é que todos preparemos algo que comer para ese día.
Despois da reunión do vindeiro domingo día 3 xa poderemos dar información máis concreta sobre o resto de actividades e o horario.
O lugar de reunión é o convento de San Antonio de Herbón. En breve damos máis polo miúdo indicación de como chegar.
Arquivado en: Actividades da Rede Galega de Sementes | 1 Comentario »
Este domingo, 3 de xullo, reunímonos na Casa da Cultura de Redondela a partires das 18.00 horas para organizar o encontro da vindeira semana en Herbón.
Arquivado en: Actividades da Rede Galega de Sementes | Deixar un comentario »
Recordamos que o próximo domingo 29 de maio temos programada unha xuntanza de traballo do grupo Pontevedra Sur (por chamalo dalgunha maneira), da rede galega de intercambio de sementes, iso si, aberta a toda rede.
Será na casa da cultura de Redondela, a partir das 11:30
Arquivado en: Actividades da Rede Galega de Sementes | Deixar un comentario »
Este sábado, 30 de abril ás 18.30h, na Casa de Cultura de Redondela, haberá unha reunión de traballo da Rede Galega de Sementes. Entre outras cousas, valorarase o funcionamento das mesas de intercambio da Feria de Leboso celebrada o pasado 9 de abril. Tamén falaremos dos próximos encontros de intercambio da Rede Galega de Sementes.
Arquivado en: Actividades da Rede Galega de Sementes | Deixar un comentario »
O pasado domingo, dentro do encontro de Leboso organizamos un intercambio de sementes. Algúns dos nos@s compañeir@s crearon estas fichas que estivemos a repartir.
Arquivado en: Documentación | Deixar un comentario »
O día 10 de abril celebrarase en Leboso Forcarei a Primeira Feira de Sementes Ecolóxicas.
A Rede Galega de Sementes participa cunha mesa de intercambio de sementes.
Arquivado en: Outras actividades | Deixar un comentario »
Velaí a convocatoria das 6º Jornadas de Reflexión de la Red de Semillas “Resembrando e Intercambiando” que terán lugar na Sede de Ecologistas en Acción (Marqués de Leganés, núm. 12) en Madrid do 25 ao 27 de marzo de 2011.
Arquivado en: Outras actividades | Deixar un comentario »
Hai convocada unha manifestación en Compostela para o 20 de Marzo, coincidindo co día Mundial da Auga.
Este é o texto da lei e estes algúns dos argumentos que o Sindicato Labrego Galego expón: texto 1, texto 2 e texto 3
Arquivado en: Documentación,Outras actividades | Deixar un comentario »