Primeira Feira de Sementes Ecolóxicas en Leboso

O día 10 de abril celebrarase en Leboso Forcarei a Primeira Feira de Sementes Ecolóxicas.
A Rede Galega de Sementes participa cunha mesa de intercambio de sementes.

6º Jornadas de Reflexión de la Red de Semillas “Resembrando e Intercambiando”

Velaí a convocatoria das 6º Jornadas de Reflexión de la Red de Semillas “Resembrando e Intercambiando” que terán lugar na  Sede de Ecologistas en Acción (Marqués de Leganés, núm. 12) en Madrid do 25 ao 27 de marzo de 2011.

O Sindicato Labrego Galego convoca unha manifestación contra a Lei da Auga

Hai convocada unha manifestación en Compostela para o 20 de Marzo, coincidindo co día Mundial da Auga.

Este é o texto da lei e estes algúns dos argumentos que o Sindicato Labrego Galego expón: texto 1, texto 2 e texto 3

Xornadas de montes en Redondela

Co título: FUNCIONAMENTO E XESTIÓN DAS CMVMC. INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN DE MONTES informamos que este Venres día 18 de Febreiro vaise celebrar un seminario en Redondela, no Multiusos da Xunqueira de 18:30 a 22:00 h a cargo da Asociación Forestal FROUMA, membro do Sindicato Labrego Galego.

V XORNADAS DE AGROECOLOXÍA DE OURENSE

Do 17 de febreiro ao 4 de marzo de 2011 celébranse as XORNADAS DE AGROECOLOXÍA DE OURENSE

Toda a información na páxina: http://www.agrourense.info/

Xornada de sementes organizada pola Rede de Sementes de Lugo

O mércores 9 de Febreiro as 20:30h, na Cova da Terra (Rúa Nóreas, Lugo) e o mércores 16 de Febreiro as 19:00h no
C.S.Vagalume (Rúa Nóreas, Lugo) celebraranse unhas Xornadas de Sementes

Xornadas sementes Lugo

Texto da directiva europea sobre medicamentos tradicionais a base de prantas

Desde a Rede Galega de Sementes a nosa oposición á  directiva europea sobre medicamentos tradicionais a base de prantas.

 

Fai falla un millón de sinaturas para deter isto. Se queres apoiar a iniciativa podes asinar aquí

 

Benvida

Aínda que a Rede Galega de Sementes levaba xa un tempo a funcionar, só desde agora dispoñemos dun espazo dixital.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.