Filed under: Actividades da Rede Galega de Sementes | Leave a comment »
ACLARACIÓNS E ACTUALIZACIÓNS sobre o II Encontro da Rede en Herbón
II ENCONTRO DE SEMENTES DA REDE
Para o sábado 9 de xullo hai organizado o II Encontro da Rede.
Coma a vez anterior, a idea principal é favorecer o intercambio de sementes tradicionais e variedades locais. Así que cada quen debe levar as sementes que lle sobren para poder repartilas cos outros participantes desta xuntanza.
Como a cousa de apañar sementes tamén ten as súas peculiaridades, un dos compañeiros ofreceuse a dar un obradoiro sobre como e cando recoller as sementes das nosas mellores plantas.
O outro grande motivo do Encontro é apoiar a creación dun grupo local de traballo da Rede Galega de Sementes.A maioría dos integrantes da Rede viven na zona sur de Galiza e por iso, ata o dagora, as máis das veces nos xuntamos polo sur. Como somos conscientes de que hai xente a quen lle interesa participar desta iniciativa, pero non se poden permitir vir onda nós, cremos que, para que se espalle a Rede é preciso que outros grupos de traballo se vaian formando noutras partes de Galiza. Xente disposta hai abondo. así que hai que comezar a organizarse. Cremos que esta reunión de Herbón é un bo momento.
Para arredor das 14.00 horas está previsto o Xantar Popular. A idea é que todos preparemos algo que comer para ese día.
Despois da reunión do vindeiro domingo día 3 xa poderemos dar información máis concreta sobre o resto de actividades e o horario.
O lugar de reunión é o convento de San Antonio de Herbón. En breve damos máis polo miúdo indicación de como chegar.
Filed under: Actividades da Rede Galega de Sementes | 1 Comment »
Domingo 3 de xullo, xuntanza en Redondela
Este domingo, 3 de xullo, reunímonos na Casa da Cultura de Redondela a partires das 18.00 horas para organizar o encontro da vindeira semana en Herbón.
Filed under: Actividades da Rede Galega de Sementes | Leave a comment »