II ENCONTRO DE SEMENTES DA REDE

Para o sábado 9 de xullo hai organizado o II Encontro da Rede.

Coma a vez anterior, a idea principal é favorecer o intercambio de sementes tradicionais e variedades locais. Así que cada quen debe levar as sementes que lle sobren para poder repartilas cos outros participantes desta xuntanza.

Como a cousa de apañar sementes tamén ten as súas peculiaridades, un dos compañeiros ofreceuse a dar un obradoiro sobre como e cando recoller as sementes das nosas mellores plantas.

O outro grande motivo do Encontro é apoiar a creación dun grupo local de traballo da Rede Galega de Sementes.A maioría dos integrantes da Rede viven na zona sur de Galiza e por iso, ata o dagora, as máis das veces nos xuntamos polo sur. Como somos conscientes de que hai xente a quen lle interesa participar desta iniciativa, pero non se poden permitir vir onda nós, cremos que, para que se espalle a Rede é preciso que outros grupos de traballo se vaian formando noutras partes de Galiza. Xente disposta hai abondo. así que hai que comezar a organizarse. Cremos que esta reunión de Herbón é un bo momento.

Para arredor das 14.00 horas  está previsto o Xantar Popular. A idea é que todos preparemos algo que comer para ese día.

Despois da reunión do  vindeiro domingo día 3 xa poderemos dar información máis concreta sobre o resto de actividades e o horario.

O lugar de reunión é o convento de San Antonio de Herbón. En breve damos máis polo miúdo indicación de como chegar.

Unha resposta

  1. A ver se desta volta si que podemos ir, compañeiros. De calquera xeito espero que sexa un éxito. Saúdos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: