ACLARACIÓNS E ACTUALIZACIÓNS sobre o II Encontro da Rede en Herbón

En primeiro lugar queremos aclarar que o lugar de reunión é o convento de San Antonio ( e non o mosteiro de San Francisco). Atoparedes as instruccións sobre como chegar ata o convento pinchando aquí.

O programa para o Sábado é o seguinte:

II TROCO DE SEMENTES

POLA MAÑÁN:
-11:00 horas Charla-presentación da Rede de Sementes de Galicia.(Que somos e que facemos, explicación do funcionamento das mesas de troco)
-11:30 horas Visita polas hortas ecolóxicas do Convento de Herbón.( hortas, frutais, invernadoiro, animais…)
-12:00 horas Troco de sementes.(Ofrécese a semente que temos e agardamos que cada un traia a súa da casa. Aproveitamos para lembrar que podedes descargar a folla descriptiva das vosas sementes desde esta ligazón e dese xeito todo será máis fácil e doado o sábado. De todos os xeitos, en Herbón teremos follas abondo para quen non poida)
-14:00 horas Xantar popular.
a partires das 12:00 faranse paralelamente obradoiros para nenos

POLA TARDE:
-16:00 Charla informal para a creación dun grupo local de troco de sementes na provincia da Coruña.
-de 17:00 a 18:00 reapertura das mesas de troco de sementes.
-de 17:30 a 18:30 Obradoiro de estracción de sementes
-18:30 Charla(tema ainda por concretar, barállase os tranxenicos ou a problemática do lume forestal en Galicia)
-19:30 peche de actividades
a partires das 17:30 faranse paralelamente xogos tradicionais para nenos

Nota: Como podedes ver, en contra da nosa vontade, non imos poder ofrecer a cata de tomates. Queda para outra vez!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: