Xa podemos anunciar que o día sábado 15 de febreiro teremos un novo encontro da rede. Desta vez será en Betanzos, no Matadoiro (rúa José García Acuña/rúa Mariña).
Programa:
10.00h Apertura da feira 11.00h Apertura da mesa de troco 12.00h Obradoiro de " Plantas que curan plantas. Purines e extractos vexetais para a horta" Obradoiro para crianzas
14.00h Xantar popular. Trae a túa comida para compartir!
Obradoiro para crianzas
18.30h Charla- Debate " Apropiación dos recursos naturais por parte das oligarquías e o Estado".
Casos concretos na Galiza:
- Megaminería destructiva na costa da morte. Contraminate
- Cenit do petróleo, transición e resiliencia. Véspera de nada
- Lei de Augas - Tranxénicos e soberanía alimentaria 19.00 Peche da mesa de troco
e ó longo do día:
música para acompañar a xornada, feira de produtores ecolóxicos e artesáns,
e xogos para crianzas
NOTAS:
- A mesa de troco de sementes estará pechada de 14.00 a 16.00h
- Haberá carpas e en caso de temporal a xornada será no Matadoiro
( Rúa José García Acuña / Rúa Marina, Betanzos)
Filed under: Actividades da Rede Galega de Sementes,Uncategorized | 1 Comment »