14 de maio- Encontro en Gondomar

Pois iso, que xa temos un ano máis o encontro de Gondomar ás portas

FEIRA DAS SEMENTES
A feira das sementes é un espazo onde ten
cabida a sociedade rural popular tradicional,
a cal necesita ser coidada, conservada e
ensalzada, por ser o nucleo primordial da
vida, da comunidade e da soberanía
A misión da Rede é, dende unha visión
holística, crear e dar vida a un espazo onde
os labregos e labregas e os seus saberes
poidan ser mostrados e valorados, a través
do cultivo natural e tradicional que coida da
terra, das diferentes artesanías creadoras de
espazos, da menciña e da alimentación
natural dadoras de vida, da espiritualidade,
do amor comunal e da cultura popular,
dentro dun ámbito local
O mesmo tempo pretendese crear un espazo
de reflexión e información para iniciar un
retorno as comunidades rurais, núcleo de
vida, saber e amor de todos nos

 

Pincha no cartel para ver o programa do día.