23 de abril- Encontro de Leboso

A  7ª “Feira de sementes e plantóns ecolóxicos” terá lugar na sé da Fundación Galicia Verde, na aldea de Leboso, Forcarei (Pontevedra), o 23 de abril do 2017.
A inaguración terá lugar ás 10 da mañá.
Este ano incrementamos a superficie adicada á feira, o que nos permitirá acoller a un maior número de participantes e que o público asistente poida moverse con maior comodidade.
A chegada a Leboso pode facerse dende A Estrada en dirección Forcarei, ou á inversa. Se chegades dende A Estrada, no quilómetro 18, xusto cando divisades o observatorio astronómico, hai unha estrada que vira á esquerda. Alí hai un cartaz que anuncia o Centro de Investigación de Agricultura Ecolóxica de Leboso. A partir deste cruzamento, a uns 700 metros, está a Fundación. Os que chegan dende Forcarei deberán pasar pola rúa do centro do pobo e logo dunha longa recta pasaredes por dúas curvas bastante pechadas (na aldea de Casetas). Pasadas estas veredes a man dereita unha pista que conduce ao observatorio e un pouco máis adiante unha estrada que vira á dereita. Por esta, a uns 700 metros está a Fundación.