A Rede

Este é o blog da Rede Galega de Sementes.

¿Quen somos? A rede Galega de sementes é un colectivo preocupado pola conservación e mellora da biodiversidade agrícola, que nace coa intención de potenciar o uso de sementes de variedades tradicionais fronte as variedades comerciais, moitas veces híbridas e incluso tranxénicas, promovidas polas diferentes empresas multinacionais agroquímicas co apoio incondicional das distintas administracións.

Esta rede pretende ser unha rede autoxestionada e auto-organizada,non burocratizada, totalmente horizontal, cun banco vivo de sementes que responda ás necesidades das labregas e labregos.

¿Cales son os nosos obxectivos? O obxectivo fundamental da rede é facilitar e promover o uso, produción, mantemento e conservación de variedades antigas e locais de especies hortícolas e froiteiras, así como a conservación de especies forestais autóctonas e a promoción dos usos tradicionais das plantas silvestres, poñendo a disposición das labregas as ferramentas e recursos necesarios para acadar tal fin.

Outro dos obxectivos da rede é evitar que as sementes labregas se convertan en mercadoría das multinacionais, opoñéndonos a todas aquelas normas que vaian en contra do libre uso, por parte das labregas, das sementes tradicionais e das plantas medicinais.

Para nós as sementes son un patrimonio dos pobos ao servizo da humanidade, e debemos evitar que este ben común siga a ser roubado pola vía das patentes e dos tranxénicos para beneficio das arcas do agro-negocio e en detrimento das labregas.

¿Quen pode participar e como? A rede está aberta a todas aquelas persoas e colectivos interesadas en manter e trocar variedades locais e antigas e as persoas que queiran colaborar en que isto se leve a cabo.

A Rede organízase en grupos comarcais autoxestionados e independentes que levan a cabo distintas accións encamiñadas a acadar os obxectivos marcados.

Ao mesmo tempo existe un grupo de correo electrónico para traballar en rede entre todos os grupos comarcais que se van establecendo polas distintas comarcas da Galiza.

As persoas que queiran participar nos debates e/ou recibir información sobre as diferentes actividades e novas en torno ás sementes pode solicitalo nas direccións: redesementes@saramaganta.info

¿Que facemos para tentar acadar os nosos obxectivos? Para acadar os nosos obxectivos dende a Rede propomos e facemos obradoiros formativos e xornadas informativas, visitas a fincas e, sobre todo, a organización dos encontros de sementes.

Nos encontros de sementes as distintas persoas que teñan nas súas mans un excedente de sementes de variedades antigas pode achegalas para trocalas por outras.

Dende a rede pretendese levar a cabo un mínimo de dous encontros ao ano, un na primavera e outro no outono.

Advertisements

3 Respostas

  1. PERMACULTUR@…

  2. Ola, boas tardes!!!
    Vivo en pontecaldelas e quero saber se hai algún sitio onde comprar sementes directamente coas persoas que o producen… Non teño sementes e é por iso que non pregunto do trueque…

    Saúdos e abrazos

    • Na rede non vendemos sementes. O noso esforzo está en promover o troco. E para os casos de xente que non ten sementes que aportar, sempre hai unha mesa da que podedes apañar (son sementes sobrantes dos encontros anteriores)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: