O 22 de marzo, X Encontro da Rede Galega de Sementes, en Santiago

IMG-20140314-WA0000

Aquí vai o convite para todxs ao terceiro encontro de intercambio de
sementes en Compostela, terá lugar durante o encontro de horta urbana,
o próximo sábado, 22 de marzo no CIAC (ao fondo do parque de Belvís).
Poderase poñer postiño no parque (está pedido o permiso ao concello
para mostra de productos de horta, de artesanía) e agardamos que
veñades moitas sachadoras a trocar sementes e ás actividades.
Aí o vai o programa e tamén o cartaz!

Achegádevos e difundide!!

11:00 Apertura da mesa de Troco de Sementes (aberta ata as 19:00, con
pausa para xantar)
11:30 – 13:00 Ioga para labreg@s. Como traballar a terra sen
mancarnos, con Mavi Oliva (para axudarnos a calcular os materiais
agradecemos que te inscribas neste link ou no teléfono 981 543 145)
13:00 – 14:30 Roteiro polo Sar: descubrir as brañas, o río, as
hortas… e máis sorpresas do Sar.

14:00 – 16:00 Xantar. Achega o teu xantar, haberá espazo e comida para
compartir.

16:00 – 17:00 Café de encontro. Ao redor de infusións da horta, té e
café; coloquio encol da horta en Compostela
17:00 – 17:30 Taboleiro de anuncios. Buscas terra e ofreces
coñecementos de remedios naturais?; precisas axuda na horta e ofreces
parte da colleita?; durante todo o día disporás dun taboleiro
“Busco-oferto” e nesta media hora aproveitaremos para coñecérmonos!
17:30 – 18:30  Obradoiro de manexo da biodiverside no pequeno horto.
Extraccion de sementes. Edgar.
18:30-20:00 A xestion comunal tradicional da terra. Foro ao redor do
monte comunal.

ah! e tedes aquí a “nova” na web do CIAC

e do Facebook
https://www.facebook.com/CIACBelvis?hc_location=timeline

IX Encontro da Rede Galega de Sementes. No Matadoiro de Betanzos

betanz

Xa podemos anunciar que  o día sábado 15 de febreiro teremos un novo encontro da rede. Desta vez será en Betanzos, no Matadoiro (rúa José García Acuña/rúa Mariña).

Programa:

10.00h Apertura da feira

11.00h Apertura da mesa de troco

12.00h Obradoiro de " Plantas que curan plantas. Purines e extractos vexetais para a horta"


       Obradoiro para crianzas
 
14.00h Xantar popular. Trae a túa comida para compartir!
 
       Obradoiro para crianzas

18.30h  Charla- Debate " Apropiación dos recursos naturais por parte das oligarquías e o Estado". 
Casos concretos na Galiza:
- Megaminería destructiva na costa da morte. Contraminate
- Cenit do petróleo, transición e resiliencia. Véspera de nada
- Lei de Augas

- Tranxénicos e soberanía alimentaria

19.00 Peche da mesa de troco

e ó longo do día: 
música para acompañar a xornada, feira de produtores ecolóxicos e artesáns,
e xogos para crianzas

NOTAS: 
- A mesa de troco de sementes estará pechada de 14.00 a 16.00h
- Haberá carpas e en caso de temporal a xornada será no Matadoiro
( Rúa José García Acuña / Rúa Marina, Betanzos)

VII Encontro da Rede Galega de Sementes


Sábado
16 de Marzo 2013, a partires das 11:00 da mañá

Praza “8 de Marzo” rúa de San Pedro

Santiago de Compostela

Troco de Sementes

(trae as túas sementes para trocar)

¡Conserva a diversidade e calidade das nosas especies!

Fronte á comercialización de sementes e o negocio das grandes empresas agroalimentarias

¡Recuperemos o troco!

Fronte á homoxeinización dos cultivos, os transxénicos e  a dependencia dos productos químicos tóxicos

¡Defende as nosas tradicións e saberes! 

11.00h Apertura da feira e da mesa de troco de sementes

12.30h Obradoiro de sementeira en cama quente

14.00h Xantar popular

19.30h Debate: produción ecolóxica, selo oficial e alternativas de confianza

20.00h Concerto e peche da xornada

e ademáis, ó longo do día, haberá xogos para nenos e feira de produtores e artesáns

a mesa de troco estará pechada de 14.00 a 16.00h

 compos

VI Encontro da Rede Galega de Sementes

Esta vez será en Moaña, na Praza de Abastos

Engadimos o cartaz e animádevos a trocar as vosas sementes!!!!!!!!!

10.00h Apertura da feira

11.00h Apertura da mesa de troco

12.00h Obradoiro de sementeiras

14.00h Xantar popular

16.00h Obradoiro de preparados naturais: plantas que curan plantas

18.00h Charla do Grupo de Consumo de Moaña “Patacas do Cedo”

19.30h Peche da mesa de troco

e ó longo do día: xogos para nenos, feira de produtores e artesáns

NOTA: A mesa de troco de sementes estará pechada de 14.00 a 16.00h

cartazmoaña

V Encontro da Rede Galega de Sementes, sábado 22 de setembro

Convidámosvos ó seguinte encontro da rede galega de sementes, esta vez na ALAMEDA DE REDONDELA

10.00h Apertura dos postos da feira
11.00h Apertura da mesa de troco
12.00h Obradoiro de xerminados
13.30h Charla degustación sobre diferentes variedades de tomates
13.50h Peche da feira e da mesa de troco
14.00h Xantar popular
16.30h Apertura da feira e da mesa de troco
17.00h Charla: “Abellas e biodiversidade”
19.00h Obradoiro de extracción e conservación de sementes
20.20h Peche da feira e da mesa de troco
20.30h Concerto

Haberá actividades e xogos para nenas ó longo do día

Se chove, estaremos na Feira do Gando de Redondela

Domingo 24 de xuño: ENCONTRO COA REDE ESTATAL. OBRADOIRO DE REDES DE SEMENTES

As 11:00 da maña empeza o obradoiro de redes, a cargo de Maria Carrascosa, coordinadora da rede estatal, onde se falara sobre a proposta de participación da rede galega nas actividades do resto de grupos de sementes da península, Na casa da cultura de Redondela.
-As 14:00 Xantar popular na carballeira da Moa, no lugar de Ventín de Arriba.
-As 16:30, visita a fincas en Ventín, aproveitando a visita de Josep Rosello, entre todas tentaremos de facer a “horto-excursión” o máis frutífera posible.
O obradoiro vai destinado aos grupos de sementes da zona noroeste, e dicir, Asturias ,Lugo, Coruña, Ourense, Pontevedra, León e norte de Portugal. As integrantes da rede de Redondela, comprometémonos a dar aloxamento a xente dos grupos de fora que non o teñan, así como axudar no que se poida a xente que se desprace ata a Redondela en transporte público. Para mellorar a organización dos aloxamentos e demais, o mellor e que a as persoas ou grupos que teñan previsto achegarse avisen con antelación ao correo da rede redesementes@saramaganta.info

IV encontro da rede galega de sementes, desta vez en Compostela.

O encontro terá lugar o sábado 17 na Porta do Camiño.Pincha aquí para ver o mapa.

Para aqueles que traiades sementes para compartir, lembramos unhas instruccións básicas para poder xestionar o proceso do xeito máis sinxelo posible:

1.    Cubrir cadansúa ficha para cada tipo de semente entregada (se xa a traedes cuberta da casa, moito mellor). Existe un modelo de ficha como exemplo. Se aínda así tes dúbidas, pregunta ás persoas que están na mesa de recepción.

2.    Entregar as fichas e as sementes na mesa de recepción.

3.    Recoller sementes na mesa de troco.

Tamén é importante lembrar un par de NORMAS DE ENTREGA DE SEMENTES de cara a que se poidan conservar correctamente:

1.    Procura que as sementes estén limpas e secas .

2.    Lembra a data da colleita das sementes.

A continuación podes ver o horario das distintas actividades:

III ENCONTRO DA REDE GALEGA DE SEMENTES

SÁBADO 8 DE OUTUBRO, A PARTIRES DAS 10.30H DA MAÑÁN

NA ALAMEDA DE REDONDELA

PROGRAMA

 

ACLARACIÓNS E ACTUALIZACIÓNS sobre o II Encontro da Rede en Herbón

En primeiro lugar queremos aclarar que o lugar de reunión é o convento de San Antonio ( e non o mosteiro de San Francisco). Atoparedes as instruccións sobre como chegar ata o convento pinchando aquí.

O programa para o Sábado é o seguinte:

II TROCO DE SEMENTES

POLA MAÑÁN:
-11:00 horas Charla-presentación da Rede de Sementes de Galicia.(Que somos e que facemos, explicación do funcionamento das mesas de troco)
-11:30 horas Visita polas hortas ecolóxicas do Convento de Herbón.( hortas, frutais, invernadoiro, animais…)
-12:00 horas Troco de sementes.(Ofrécese a semente que temos e agardamos que cada un traia a súa da casa. Aproveitamos para lembrar que podedes descargar a folla descriptiva das vosas sementes desde esta ligazón e dese xeito todo será máis fácil e doado o sábado. De todos os xeitos, en Herbón teremos follas abondo para quen non poida)
-14:00 horas Xantar popular.
a partires das 12:00 faranse paralelamente obradoiros para nenos

POLA TARDE:
-16:00 Charla informal para a creación dun grupo local de troco de sementes na provincia da Coruña.
-de 17:00 a 18:00 reapertura das mesas de troco de sementes.
-de 17:30 a 18:30 Obradoiro de estracción de sementes
-18:30 Charla(tema ainda por concretar, barállase os tranxenicos ou a problemática do lume forestal en Galicia)
-19:30 peche de actividades
a partires das 17:30 faranse paralelamente xogos tradicionais para nenos

Nota: Como podedes ver, en contra da nosa vontade, non imos poder ofrecer a cata de tomates. Queda para outra vez!

II ENCONTRO DE SEMENTES DA REDE

Para o sábado 9 de xullo hai organizado o II Encontro da Rede.

Coma a vez anterior, a idea principal é favorecer o intercambio de sementes tradicionais e variedades locais. Así que cada quen debe levar as sementes que lle sobren para poder repartilas cos outros participantes desta xuntanza.

Como a cousa de apañar sementes tamén ten as súas peculiaridades, un dos compañeiros ofreceuse a dar un obradoiro sobre como e cando recoller as sementes das nosas mellores plantas.

O outro grande motivo do Encontro é apoiar a creación dun grupo local de traballo da Rede Galega de Sementes.A maioría dos integrantes da Rede viven na zona sur de Galiza e por iso, ata o dagora, as máis das veces nos xuntamos polo sur. Como somos conscientes de que hai xente a quen lle interesa participar desta iniciativa, pero non se poden permitir vir onda nós, cremos que, para que se espalle a Rede é preciso que outros grupos de traballo se vaian formando noutras partes de Galiza. Xente disposta hai abondo. así que hai que comezar a organizarse. Cremos que esta reunión de Herbón é un bo momento.

Para arredor das 14.00 horas  está previsto o Xantar Popular. A idea é que todos preparemos algo que comer para ese día.

Despois da reunión do  vindeiro domingo día 3 xa poderemos dar información máis concreta sobre o resto de actividades e o horario.

O lugar de reunión é o convento de San Antonio de Herbón. En breve damos máis polo miúdo indicación de como chegar.