I Encontro de Sementes de Couzadoiro, Ortigueira

IMG_0539

IV Jornada de Soberania Alimentar no Campo do Gerês

No próximo fim-de-semana 25 e 26 Outubro de 2014 acontecerá a IV Jornada de Soberania Alimentar no Campo do Gerês.
Estas vão especialmente dirigidas às e aos agricultora/es da zona, amantes da Terra em geral. Esta é uma oportunidade de encontro e reeencontro, convívio e partilha de conhecimentos e experiências, que nos alimentem os vários corpos de que somos feitos.
Pretende sim, ser uma ferramenta de empoderamento e de soberania, pois poder decidir em quanto à nossa alimentação, como productores e consumidores, está na nossa mão.

A entrada nas jornadas é livre. Agradecemos a inscrição prévia para facilitar a gestão do almoço.

Quem precisar de espaço para ficar na aldeia dispõe da pousada da juventude, parque de campismo, casas rurais e uma albergaria; haverá w.c. para quem se atrever a acampar e sala de refúgio se o tempo ameaçar.

“Cultivar o próprio jardim é um ato político e um ato de resistência. (…) O progresso que nos foi vendido com a modernidade é uma ilusão. Não liberta, aprisiona.”.
Pierre Rabhin

xornadas_soberanía_alimentaria_Gêres

Xornadas rurais na Agolada – 22 e 23 de febreiro

Están a organizar unas xornadas rurais na Eira da Xoana, en Ramil, na Agolada para os próximos 22 e 23 de febreiro:

http://xornadasrurais.wordpress.com

Xornadas de troco de sementes en Ernes, Negueira de Muñíz.

A asociación de veciños de Ernes, en Negueira de Muñiz  organiza organiza un curso sobre recollida e tratamento de sementes,, asi como un troco de estas, e máis actividades que veñen detalladas no cartaz que acompaña este correo.

Resumo do programa das xornadas de troco de sementes que terá lugar o fin de semana do 28, 29 e 30 de Xuño en Ernes, Negueira de Muñíz.

  1. Haberá un curso teórico práctico de 15 horas sobre recollida, conservación, multiplicación, mellora de variedades de sementes, impartido por Ester Moreno
  2. Troco de sementes
  3. Mercado de produtos locais
  4. Obradoiros
  5. Actuacións
  6. mostra de tracción animal

Todo gratuíto, zona de acampada e moito máis.

Envío adxunto o programa do fin de semana.

Para os interesados de Lugo podemos organizarnos para compartir coche.

Pincha aquí para ver o cartel

I FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO – Matamà(Vigo) 27 e 28 de abril 2013

I FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO – Matamà(Vigo) 27 e 28 de abril 2013

A asociaciòn COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA està a organizar para esta vindeira fin de semàn a segunda ediciòn da FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO, que terà lugar nas proximidades do muiño da Regueira situado na parroquia viguesa de Matamà.

PROGRAMACIÒN:
SABADO 27 16H.
-Comezo das OLIMPIADAS DO CAMPO (+info: facebook colectivo malaherba)
-OBRADOIRO do pan de millo.
– TROCA DE SEMENTES (Rede galega de troca de sementes) trae as tuas sementes!!!
– MUIÑADAS no muiño da Regueira. 21H.
Monòlogo de PEPO SUEVOS 22H.
Actuaciòn de A GAITA COMPAÑA folc. 23H. Actuaciòn de OS CUCHUFELLOS.

DOMINGO 28 10:30H.
Saìda do CARRO DE BOIS dende o torreiro da festa ( participa vestido de labreg@!!!!)
11H. LABRANZA TRADICIONAL feita cunha parella de bois.
12H. actuaciòn do grupo OS CATRO QUINTOS
14H. XANTAR POPULAR : carne ao caldeiro+auga/viño+pan=8EUROS. Reserva previo ingreso na conta La Caixa 2100-5980-66-0200007504, especificando nome, apelidos e telèfono de contacto. Mais informaciòn telf.634 56 13 19.

16H. actuaciòn do GRUPO DE BOMBOS DE VILA PRAIA DE ANCORA (Portugal)

17H. SEMENTEIRA DO MILLO feita pol@s nen@s asistentes.

O domingo faràse unha exhibiciòn de CANS DE RAZA PALLEIRO e montarase un ZOO RURAL con multitude de animais do campo. Tamèn poderase ver unha MOSTRA ETNOGRAFICA e demostraciòns de OFICIOS TRADICIONAIS. Os dous dìas haberàn postos de ARTESANIA, PRODUCTOS ECOLOXICOS, COMIDA VEGANA E VEXETARIANA, No domingo haberà PULPEIRO , BOCATAS e PORCO ASADO ademais da carne ao caldeiro .

Ver o cartel

3ª FEIRA DE SEMENTES EN LEBOSO

Cartaz_2013_peque

Intercambio de Sementes e outras actividades na Coruña

Aquí tendes a información sobre estas actividades.

Encontro en Portugal o 9, 10 e 11 de novembro

Pincha aquí e aquí para poder ler a información sobre este encontro.

Encontro da Rede de Sementes de Lugo

Entre os días 1 e 4 de Novembro terán lugar no Concello de Negueira de Muñíz unhas xornadas te troco de sementes, nas que estades invitados a participar. As xornadas probablemente duraran dous días aínda sen fixar.

O programa nos esta definido na súa totalidade, máis podo adiantalo en parte:

-Haberá, como non, o troco de sementes, con variedades locais da montaña luguesa, así como outras variedades de diferentes puntos de Galiza e Asturies fundamentalmente.

-Unha esperta Navarra encargarase de amosarnos as técnicas para recoller, conservar e sementar as nosas propias sementes.

-Haberá tamén unha mostra de tiro animal, empregando apeiros feitos por un ferreiro a zona.

-Outras moitas actividades sen pechar.

En canto o programa se complete, enviaránnos máis información.

Os organizadores do troco invitan a tódalas persoas que o desexen a participar, especialmente aos membros da Rede de sementes, co fin de intercambiar coñecementos e experiencias, hai posibilidade de pernocta gratuíta (levar saco de durmir), no centro social do pobo.

Se a alguén lle apetece, están abertos a propostas de actividades para eses días (charlas, obradoiros, etc) que xa realizarades nalgunha ocasión ou que desexedes levar a cabo.

VI Xornadas de Agroecoloxía de Ourense, que se van a celebrar en Ourense entre os días 10 e 28 de abril.

A Esmorga, Amigos da Terra, Semente, Sem um cam, Sustinea e Verdegaia organizan ás
VI Xornadas de Agroecoloxía de Ourense,
que se van a celebrar en Ourense entre os días 10 e 28 de abril.

As VI Xornadas de Agroecoloxía de Ourense mostran unha vez mais a consolidación dos proxectos sociais, culturais e ecoloxistas que se levan a cabo na cidade de Ourense. A Esmorga, Amigos da Terra, Semente, Sem Um Cam, Sustinea e Verdegaia presentan durante case 20 días con todo tipo de actividades, o traballo realizado conxuntamente durante os últimos meses para que sexa cada vez mais visíbel, para que cada ano teñan mais voz todos aqueles proxectos alternativos centrados no compromiso coa xustiza social e ecolóxica.

Un ano máis, as Xornadas de Agroecoloxía ofrecen achegármonos, se cadra un pouco mais ao mundo que todas desexamos como noso: un mundo no que actuemos de modo activo contra un modelo de produción agrícola e gandeiro intensivo e aberrante, potenciado por intereses económicos e comerciais insensibles a calquera consideración coa saúde pública, do benestar animal, de respecto ao medio natural e as culturas labregas.

Produce, compra e…incinera.

Desta vez, pousamos o ollo sobre o modelo produtivo e de consumo vixente, principalmente na parte que atinxe á xestión dos residuos. O proxecto da Xunta de autorizar a instalación da coñecida como Sogama Sur, nos montes de O Irixo despertou o debate e a indignación no lugar e nas comarcas limítrofes.

Falamos dunha planta de incineración, que non de recuperación ou reciclaxe de residuos urbanos, que representa como poucos a inoperancia e insustentabilidade dun sistema que baixo o pretexto de xerar uns hipotéticos postos de traballo, condena á miseria e á degradación ambiental a un territorio do interior da Galiza, historicamente marxinado. Ademais, a instalación da planta supoñería o golpe de graza a labregas e gandeiras, moitas delas socias da cooperativa Loureiro que se fixo un referente dentro da produción ecolóxica.

Ante esta situación, a agroecoloxía ten moito que aportar. Así, da mesma maneira que en anos anteriores, pretendemos que as xornadas sirvan de altofalante ao debate, á reflexión e ao apoio a todos aqueles proxectos que constrúen día a día discurso e alternativas reais ás solucións tipo SOGAMA, reflexo da faciana máis destrutiva e intransixente do sistema que nos tocou vivir.

Falaremos como todos os anos de economía, de xénero, traballo en rede, xestión de recursos, consumo responsable, finanzas éticas; coñeceremos e visitaremos proxectos agroecolóxicos, ou intercambiaremos sementes entre outras actividades.

Retomando o modelo financeiro das anteriores edicións das Xornadas, dende a organización optamos por un evento autoxestionado, que se sustente a través das aportacións individuais nas diferentes actividades lúdicas que se organizan, ademais da organización dun Serán con a colaboración desinteresada de varios colectivos de música e baile tradicional. Este compromiso de autoxestión constitúe unha aposta pola independencia e o fortalecemento das redes sociais como voceiro da cidadanía.

PROGRAMA:
VI XORNADAS DE AGROECOLOXÍA DE OURENSE

Do 10 ao 28 de abril de 2012

Martes 10 de abril:Construír dende o consumo a Soberanía Alimentaria. Presentación do informe “Proxectos de soberanía alimentaria en Galicia” elaborado no outono de 2011 pola Rede Galega de Consumo Consciente. Unha análise das 32 iniciativas produtivas máis asentadas e relevantes do país e unha reflexión sobre o noso papel como consumidoras. Participan: Victor Barro .Lugar: Centro Social Sem Um Cam (rúa do Vilar, 9), ás 20:00 horas.

Xoves 12 de abril: Debate sobre a incineración. Compartiremos unha xornada sobre a problemática da incineración, así como as alternativas e solucións a xestión dos residuos. Participan: Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe e Coordinadora Veciñal Incineradora no Irixo Non. Lugar: Auditorio Municipal (rúa da Canle, 2), ás 20:00 horas.

Sábado 14 de abril: Banco de sementes. Mercadiño de troco de sementes ecolóxicas. Pretendemos favorecer a recuperación e conservación das variedades tradicionais de plantas que foron mantidas dende sempre polas nosas agricultoras locais. Participan: invitamos a participación de todas as veciñas e veciños. Lugar: Parque novo debaixo da Ponte de Marcelo Macías (Barrio do Polvorín), de 11:00 a 14:00 horas.

Sábado 14 de abril:Obradoiro de Produtos de Limpeza. Curso de aprendizaxe e elaboración de produtos de limpeza para o fogar, ecolóxicos e caseiros. Incluirase a elaboración da lixivia, lavalouzas, limpador multiusos… entre outros moitos consellos máis. Lugar: Centro Social Sem Um Cam (rúa do Vilar, 9), ás 17:00 horas. Inscriciónsno email: informacion@agrourense.info

Domingo 15 de abril:Visita á unha horta agroecolóxica. En Vilamarin (a uns 15 km de Ourense) ten as súas hortas un novo proxecto de agroecoloxía. Desde hai un ano, 15 persoas están a artellar un grupo de autoconsumo: elas producen, distribúen e consumen os produtos da horta. Elas debaten e xestionan o proxecto. Pasaremos o día enteiro con elas, coñecendo e participando do seu traballo de primeira man. Importante:para se inscribir enviar un e-mail ao enderezo: informacion@agrourense.info

Martes 17 de abril:Conferencia “O papel da muller galega na sociedade labrega”. Estudar e difundir cal é o rol da muller, a miúdo invisibilizado, nun contexto como o rural galego, é a área de traballo de Isabel Vilalba, responsábel da área de Muller do Sindicato Labrego. A través de novos datos e experiencias, afondaremos no coñecemento dese rol e desvelaremos algúns mitos interesados. Lugar: Centro Social Sen Un Cam (rúa do Vilar, 9), ás 19:00 horas.

Xoves 19 de abril:Cineforum: ‘Incinerando o futuro’ e ‘O monte é noso’. A voz do pobo a través de dous documentais nos que se relata a reivindicación de vivir con dignidade na propia terra. A construción dunha incineradora en Navarra e a defensa do monte comunal galego son os temas a tratar. Lugar: Salón de actos da Biblioteca Pública ( rúa Concello, 13), ás 19:30 horas.

Venres 20 de abril:Serán agroecolóxico e popular!. Coa axuda desinteresada de varios colectivos de música e baile tradicional, montaremos unha foliada na rúa. Haberá comida e bebida a prezos populares e festa, moita festa!!!!. Todo o recadado irá ao sostemento das propias xornadas de agroecoloxía. Lugar: Praza de San Martiño, ás 20:00 horas.

Xoves 26 de abril:Presentación do mapa “Agroecoloxía en Ourense e arredores”. Coñecer e difundir os proxectos, os locais, as persoas que traballan en calquera dos ámbitos da agroecoloxía arredor nosa é unha necesidade. Para axudar a cubrila, intentamos cartografar a todas aquelas persoas ou grupos implicados na construción doutro modelo de produción e consumo. Lugar: Centro Social Sen Un Cam (rúa do Vilar, 9), ás 19:30 horas.

Venres 27 de abril: Visita guiada a un hipermercado. O hipermercado, fiel representante da sociedade de consumo actual, tamén o é da exclusión e insostibilidade que caracteriza a globalización económica. Detrás de prezos contidos e unha suposta grande variedade de mercadorías agóchase moito máis que o acceso a unha alimentación suficiente e saudable.Lugar: Praza da Trinidade (ao carón do xardín de Posíio), ás 19:00 horas.

Venres 27 de abril: Alimentos quilométricos. Sabes realmente de onde veñen os alimentos que consumes? Cal é o impacto da importación dos produtos de alimentación?. Avancemos con propostas concretas cara a soberanía alimentaria. Participan: Amigos da Terra.Lugar: Centro Social Sem Um Cam (rúa do Vilar, 9), ás 20:00 horas.

Sábado 28 de abril: Visita a Irixo. Visita á cooperativa láctea Santa Mariña de Loureiro, onde coñeceremos un proxecto transformador cunha clara aposta polo natural e o tradicional. Tamén faremos un roteiro pola comarca até os montes comunais do Couto do Marco, onde está prevista a instalación da incineradora. Importante:para se inscribir enviar un e-mail ao enderezo: informacion@agrourense.info

***********************

Contactos:

Para calquera consulta, podedes contactar con nós en http://www.agrourense.info/ informacion@agrourense.info