O día 15 de abril, SEGUNDA FEIRA DE SEMENTES ECOLÓXICAS en Leboso

O próximo día 15 de Abril, domingo, na sede da Fundación en Leboso-Forcarei (por se non coñecedes o sitio, na nosa páxina web hai indicación de cómo chegar).
As actividades iniciaránse ás 11:00 da mañá, coa inauguración a cargo da Alcaldesa de Forcarei, Dª Belén Cachafeiro, e a partir de aí, e co acompañamento da Banda de Gaitas do Concello, iniciarase a actividade da Feira: venda de sementes da Fundación; intertroco de sementes (quen teña semente ecolóxicapode traela para intercambiar na mesa da Rede Galega de Sementes); produción ecolóxica da Hortiña da Ponte; produtos ecolóxicos envasados de Alimentos Amorodo; haberá polbo, menú ecolóxico variado, sorteos e algunha pequena sorpresa.
Aparte da actuación da Banda de Gaitas, que fará varias intervencións durante a mañá, contaremos coa maxia do Mago Teto, que dedica parte do seu espectáculo a recuperar un dos oficios tradicionais máis emblemáticos de Galicia, como é O Afiador. Durante a tarde, teremos un obradoiro de reciclaxe de materiais de uso diario para @s máis pequen@s, con reparto de obsequios entre @s nen@s participantes.
Non deixedes de visitar a nosa páxina, onde sempre encontraredes información actualizada tanto da Feira coma do resto das nosas actividades (formación permanente, grupos de traballo, tenda electrónica, información sobre medio ambiente, saúde, artigos, enlaces, etc.).
Agradecemos moito que nos axudedes reenviando esta información aos vosos contactos e, por suposto, contamos con vós na Feira.
Apertas e ata pronto,

http://www.fundaciongaliciaverde.org/

Primeira Feira de Sementes Ecolóxicas en Leboso

O día 10 de abril celebrarase en Leboso Forcarei a Primeira Feira de Sementes Ecolóxicas.
A Rede Galega de Sementes participa cunha mesa de intercambio de sementes.

6º Jornadas de Reflexión de la Red de Semillas “Resembrando e Intercambiando”

Velaí a convocatoria das 6º Jornadas de Reflexión de la Red de Semillas “Resembrando e Intercambiando” que terán lugar na  Sede de Ecologistas en Acción (Marqués de Leganés, núm. 12) en Madrid do 25 ao 27 de marzo de 2011.

O Sindicato Labrego Galego convoca unha manifestación contra a Lei da Auga

Hai convocada unha manifestación en Compostela para o 20 de Marzo, coincidindo co día Mundial da Auga.

Este é o texto da lei e estes algúns dos argumentos que o Sindicato Labrego Galego expón: texto 1, texto 2 e texto 3

Xornadas de montes en Redondela

Co título: FUNCIONAMENTO E XESTIÓN DAS CMVMC. INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN DE MONTES informamos que este Venres día 18 de Febreiro vaise celebrar un seminario en Redondela, no Multiusos da Xunqueira de 18:30 a 22:00 h a cargo da Asociación Forestal FROUMA, membro do Sindicato Labrego Galego.

V XORNADAS DE AGROECOLOXÍA DE OURENSE

Do 17 de febreiro ao 4 de marzo de 2011 celébranse as XORNADAS DE AGROECOLOXÍA DE OURENSE

Toda a información na páxina: http://www.agrourense.info/

Xornada de sementes organizada pola Rede de Sementes de Lugo

O mércores 9 de Febreiro as 20:30h, na Cova da Terra (Rúa Nóreas, Lugo) e o mércores 16 de Febreiro as 19:00h no
C.S.Vagalume (Rúa Nóreas, Lugo) celebraranse unhas Xornadas de Sementes

Xornadas sementes Lugo