Posted on Maio 9, 2018 by redegalegadesementes
Este Sábado durante todo o día volvemos a celebrar o encontró da rede de semente en Gondomar. Unha das finalidades é poder trocar as sementes dos nosos avós. Este ano coincidiremos co encontró que fan os 2º e 4º sabados de mes a asociación do toxo. Será na praza de San Bieito (subida a igrexa de San Benito). E o longo do día charlas, música e feira de alimentos ecolóxicos e da horta familiar tradicional. Mas información no pdf adxunto.
Encontro de gondomar 2018
A feira das sementes é un espazo onde ten cabida a sociedade rural popular tradicional, a cal necesita ser coidada, conservada e ensalzada, por ser o nucleo primordial da vida, da comunidade e da soberanía. A misión da Rede é, dende unha visión holística, crear e dar vida a un espazo onde os labregos e labregas e os seus saberes poidan ser mostrados e alorados, a través do cultivo natural e tradicional que coida da terra, das diferentes artesanías creadoras de espazos, da menciña e da alimentación natural dadoras de vida, da spiritualidade, do amor comunal e da cultura popular, dentro dun ámbito local O mesmo tempo pretendese crear un espazo de reflexión e información para iniciar un retorno as omunidades rurais, núcleo de vida, saber e amor de todos nos
Filed under: Uncategorized | Leave a comment »
Posted on Febreiro 4, 2018 by redegalegadesementes
XA IMOS A POLO V ENCONTRO!!!!!!
O PRÓXIMO SÁBADO 17 DE FEBREIRO….NON PODES FALTAR!!!!
No Matadoiro, en Betanzos
TRAE AS TÚAS SEMENTES PARA TROCAR EN BOTES!
E SE NON TES SEMENTES…NON DEIXES
DE VIR QUE POR ALGO HAI QUE EMPEZAR!
HABERÁ TAMÉN ALGUNHAS SEMENTES PARA LEVAR SEN NECESIDADE DE TROCO
PARA QUE ASÍ PODAS EMPEZAR A SEMENTAR.
E LOGO DISO…PALESTRAS, OBRADOIROS, SESIÓN VERMOUTH ,FOLIADA, MERCADO DE PRODUTORAS E ARTESÁNS…
VEN COMPARTIR UNHA FERMOSA XORNADA NO MATADOIRO DE BETANZOS, RÚA DA MARIÑA!
ESPERÁMOSVOS!!
Filed under: Uncategorized | Leave a comment »
Posted on Setembro 26, 2017 by redegalegadesementes
A Rede Galega de Sementes participará na Mostra do Posible, 8 outubro, en Cangas do Morrazo
Durante o domingo día 8 (11 a 14h e de 17 a 20h) estaremos coa mesa de troco de sementes.
Achégate a compartir esta xornada e trae as túas sementes para trocar!!!!
https://mostradoposible.gal

Filed under: Uncategorized | Leave a comment »
Posted on Agosto 14, 2017 by redegalegadesementes
Este ano organizamos a Feira Estatal no concello de Tomiño entre o 9 e o 10 de setembro.
Velaí vai o cartel das actividades:

Filed under: Uncategorized | Leave a comment »
Posted on Xuño 10, 2017 by redegalegadesementes

Publicamos o cartaz do próximo encontro de sementes que celebraremos en Pontevedra
En canto teñamos pechada a programación xa publicaremos tamén o programa de actividades.
Agrademos difusión do evento.
Filed under: Uncategorized | Leave a comment »
Posted on Maio 15, 2017 by redegalegadesementes
Este Sábado 20 de Maio de 10:00h a 20:00h facemos un novo encontro da rede galega de sementes en Gondomar.
Mais información no cartaz adxunto
Filed under: Actividades da Rede Galega de Sementes | Leave a comment »
Posted on Abril 17, 2017 by redegalegadesementes
A 7ª “Feira de sementes e plantóns ecolóxicos” terá lugar na sé da Fundación Galicia Verde, na aldea de Leboso, Forcarei (Pontevedra), o 23 de abril do 2017.
A inaguración terá lugar ás 10 da mañá.
Este ano incrementamos a superficie adicada á feira, o que nos permitirá acoller a un maior número de participantes e que o público asistente poida moverse con maior comodidade.
A chegada a Leboso pode facerse dende A Estrada en dirección Forcarei, ou á inversa. Se chegades dende A Estrada, no quilómetro 18, xusto cando divisades o observatorio astronómico, hai unha estrada que vira á esquerda. Alí hai un cartaz que anuncia o Centro de Investigación de Agricultura Ecolóxica de Leboso. A partir deste cruzamento, a uns 700 metros, está a Fundación. Os que chegan dende Forcarei deberán pasar pola rúa do centro do pobo e logo dunha longa recta pasaredes por dúas curvas bastante pechadas (na aldea de Casetas). Pasadas estas veredes a man dereita unha pista que conduce ao observatorio e un pouco máis adiante unha estrada que vira á dereita. Por esta, a uns 700 metros está a Fundación.
Filed under: Uncategorized | Leave a comment »
Posted on Febreiro 16, 2017 by redegalegadesementes
Máis tarde que nunca para o aviso!. Coma todos estes anos, no Matadoiro de Betanzos, unha nova oportunidade para se xuntaren e se espallaren as sementes.
Toda a info no facebook que montaron as betanceiras que lle deron pulo a este novo encontro.
Filed under: Uncategorized | Leave a comment »
Posted on Maio 9, 2016 by redegalegadesementes
Pois iso, que xa temos un ano máis o encontro de Gondomar ás portas
FEIRA DAS SEMENTES
A feira das sementes é un espazo onde ten
cabida a sociedade rural popular tradicional,
a cal necesita ser coidada, conservada e
ensalzada, por ser o nucleo primordial da
vida, da comunidade e da soberanía
A misión da Rede é, dende unha visión
holística, crear e dar vida a un espazo onde
os labregos e labregas e os seus saberes
poidan ser mostrados e valorados, a través
do cultivo natural e tradicional que coida da
terra, das diferentes artesanías creadoras de
espazos, da menciña e da alimentación
natural dadoras de vida, da espiritualidade,
do amor comunal e da cultura popular,
dentro dun ámbito local
O mesmo tempo pretendese crear un espazo
de reflexión e información para iniciar un
retorno as comunidades rurais, núcleo de
vida, saber e amor de todos nos
Pincha no cartel para ver o programa do día.
Filed under: Actividades da Rede Galega de Sementes | Leave a comment »
Posted on Marzo 30, 2016 by redegalegadesementes
Pois iso, que o 17 de abril hai un novo encontro en Leboso, Forcarei, e alí habemos montar o posto de intercambio de sementes.
Máis info: http://fundaciongaliciaverde.org/index.php/altze/root/feiras

Filed under: Actividades da Rede Galega de Sementes | Leave a comment »