Encontro da Rede Galega de Sementes en Gondomar, sábado 12 de maio

Este Sábado durante todo o día volvemos a celebrar o encontró da rede de semente en Gondomar. Unha das finalidades é poder trocar as sementes dos nosos avós. Este ano coincidiremos co  encontró que fan os 2º e 4º sabados de mes a asociación do toxo. Será na praza de San Bieito (subida a igrexa de San Benito). E o longo do día charlas, música e feira de alimentos ecolóxicos e da horta familiar tradicional. Mas información no pdf adxunto.encontro-gondomar-2018

Encontro de gondomar 2018

A feira das sementes é un espazo onde ten cabida a sociedade rural popular tradicional, a cal necesita ser coidada, conservada e ensalzada, por ser o nucleo primordial da vida, da comunidade e da soberanía. A misión da Rede é, dende unha visión holística, crear e dar vida a un espazo onde os labregos e labregas e os seus saberes poidan ser mostrados e  alorados, a través do cultivo natural e tradicional que coida da terra, das diferentes artesanías creadoras de espazos, da menciña e da alimentación natural dadoras de vida, da  spiritualidade, do amor comunal e da cultura popular, dentro dun ámbito local O mesmo tempo pretendese crear un espazo de reflexión e información para iniciar un retorno as  omunidades rurais, núcleo de vida, saber e amor de todos nos

V ENCONTRO DE SEMENTES, Betanzos, 17 febreiro 2018

 XA IMOS A POLO ​V ENCONTRO!!!!!!
O PRÓXIMO SÁBADO 17 DE FEBREIRO….NON PODES FALTAR!!!!
No Matadoiro, en Betanzos
TRAE AS TÚAS SEMENTES PARA TROCAR EN BOTES! 
E SE NON TES SEMENTES…NON DEIXES
DE VIR QUE POR ALGO HAI QUE EMPEZAR! 
 
HABERÁ TAMÉN ALGUNHAS SEMENTES PARA LEVAR SEN NECESIDADE DE TROCO 
PARA QUE ASÍ PODAS EMPEZAR A SEMENTAR.
E LOGO DISO…PALESTRAS, OBRADOIROS, SESIÓN VERMOUTH ,FOLIADA, MERCADO DE PRODUTORAS E ARTESÁNS…
 
VEN COMPARTIR UNHA FERMOSA XORNADA NO MATADOIRO DE BETANZOS, RÚA DA MARIÑA!
 
ESPERÁMOSVOS!!
V ENCONTRO DA RGS. BETANZOS 17 DE FREBREIRO (2)

Mostra do Posible, TROCO DE SEMENTES

A Rede Galega de Sementes participará na Mostra do Posible, 8 outubro, en Cangas do Morrazo

Durante o domingo día 8 (11 a 14h e de 17 a 20h) estaremos coa mesa de troco de sementes.

Achégate a compartir esta xornada e trae as túas sementes para trocar!!!!

https://mostradoposible.gal

SEMENTES

XVIII Feira Estatal da Biodiversidade Agrícola

Este ano organizamos a Feira Estatal no concello de Tomiño entre o 9 e o 10 de setembro.

Velaí vai o cartel das actividades:

Sábado 17- Encontro da Rede de Sementes en Pontevedra

 

 

 

Publicamos o cartaz do próximo encontro de sementes que celebraremos en Pontevedra
En canto teñamos pechada a programación xa publicaremos tamén o programa de actividades.
Agrademos difusión do evento.

23 de abril- Encontro de Leboso

A  7ª “Feira de sementes e plantóns ecolóxicos” terá lugar na sé da Fundación Galicia Verde, na aldea de Leboso, Forcarei (Pontevedra), o 23 de abril do 2017.
A inaguración terá lugar ás 10 da mañá.
Este ano incrementamos a superficie adicada á feira, o que nos permitirá acoller a un maior número de participantes e que o público asistente poida moverse con maior comodidade.
A chegada a Leboso pode facerse dende A Estrada en dirección Forcarei, ou á inversa. Se chegades dende A Estrada, no quilómetro 18, xusto cando divisades o observatorio astronómico, hai unha estrada que vira á esquerda. Alí hai un cartaz que anuncia o Centro de Investigación de Agricultura Ecolóxica de Leboso. A partir deste cruzamento, a uns 700 metros, está a Fundación. Os que chegan dende Forcarei deberán pasar pola rúa do centro do pobo e logo dunha longa recta pasaredes por dúas curvas bastante pechadas (na aldea de Casetas). Pasadas estas veredes a man dereita unha pista que conduce ao observatorio e un pouco máis adiante unha estrada que vira á dereita. Por esta, a uns 700 metros está a Fundación.

18 de febreiro, encontro da Rede en Betanzos

Máis tarde que nunca  para o aviso!. Coma todos estes anos, no Matadoiro de Betanzos, unha nova oportunidade para se xuntaren e se espallaren as sementes.

Toda a info no facebook que montaron as betanceiras que lle deron pulo a este novo encontro.

 

TROCA e SEMENTA. En Lalín, o sábado 27 de febreiro

Xa hai data para a segunda edición do TROCA e SEMENTA. Será na Praza de Abastos de Lalín o sábado 27 de febreiro deste novo ano 2016. Dende as 10h e ata as 21h.
Podedes seguir todas as novidades no Facebook, así como no evento creado para tal fin.
Cartel TROCA e SEMENTA
PROGRAMA TROCA E SEMENTA 2016
10:00H.APERTURA DAS MESAS DE TROCO E APERTURA DO MERCADO DE PRODUCTORAS
10:30-12:00H.OBRADOIRO de poda e enxertos
12:00-13:00H.MICROPRESENTACIÓNS
13:00-14:00H.CHARLA  a rexeneración de solos
14:00H.PECHE DAS MESAS DE TROCO-XANTAR
16:00H.APERTURA DAS MESAS DE TROCO
15:30-16:30H.MESAS DE DEBATE (en simultáneo as catro)
                a semente e a comunidade
                a semente e o ecofeminismo
                a semente e as outras economías 
                a semente e a soberania alimentaria
17:00-18:30H.POSTA EN COMUN DAS MESAS
19:00-20:00H.PRESENTACIÓN + PROXECCIÓN “¿por que non cantades todas?”
19:00H.PECHE DAS MESAS DE TROCO (antes da proyeccion)
20:00H.PECHE DO MERCADO DE PRODUCTORAS (durante a proxección)
20:00-21:00H.FESTA

Seguir lendo

xuntanza para crear unha rede de custodias de sementes

custodias1

 

 

 

 

 

 

 

 

Este é o mapa do lugar do encontro.

Campaña Cultiva Diversidad

Logo Campaña+100%

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Red de semillas vén de lanzar unha campaña en defensa das sementes tradicionais que nós apoiamos plenamente.Este é o pdf explicativo.