Domingo 24 de xuño: ENCONTRO COA REDE ESTATAL. OBRADOIRO DE REDES DE SEMENTES

As 11:00 da maña empeza o obradoiro de redes, a cargo de Maria Carrascosa, coordinadora da rede estatal, onde se falara sobre a proposta de participación da rede galega nas actividades do resto de grupos de sementes da península, Na casa da cultura de Redondela.
-As 14:00 Xantar popular na carballeira da Moa, no lugar de Ventín de Arriba.
-As 16:30, visita a fincas en Ventín, aproveitando a visita de Josep Rosello, entre todas tentaremos de facer a “horto-excursión” o máis frutífera posible.
O obradoiro vai destinado aos grupos de sementes da zona noroeste, e dicir, Asturias ,Lugo, Coruña, Ourense, Pontevedra, León e norte de Portugal. As integrantes da rede de Redondela, comprometémonos a dar aloxamento a xente dos grupos de fora que non o teñan, así como axudar no que se poida a xente que se desprace ata a Redondela en transporte público. Para mellorar a organización dos aloxamentos e demais, o mellor e que a as persoas ou grupos que teñan previsto achegarse avisen con antelación ao correo da rede redesementes@saramaganta.info