20 de maio- Encontro da Rede Galega de Sementes en Gondomar

Este Sábado 20 de Maio de 10:00h a 20:00h facemos un novo encontro da rede galega de sementes en Gondomar.
Mais información no cartaz adxunto

 

Advertisements

14 de maio- Encontro en Gondomar

Pois iso, que xa temos un ano máis o encontro de Gondomar ás portas

FEIRA DAS SEMENTES
A feira das sementes é un espazo onde ten
cabida a sociedade rural popular tradicional,
a cal necesita ser coidada, conservada e
ensalzada, por ser o nucleo primordial da
vida, da comunidade e da soberanía
A misión da Rede é, dende unha visión
holística, crear e dar vida a un espazo onde
os labregos e labregas e os seus saberes
poidan ser mostrados e valorados, a través
do cultivo natural e tradicional que coida da
terra, das diferentes artesanías creadoras de
espazos, da menciña e da alimentación
natural dadoras de vida, da espiritualidade,
do amor comunal e da cultura popular,
dentro dun ámbito local
O mesmo tempo pretendese crear un espazo
de reflexión e información para iniciar un
retorno as comunidades rurais, núcleo de
vida, saber e amor de todos nos

 

Pincha no cartel para ver o programa do día.

 

17 de abril- 6ª Feira de Leboso

Pois iso, que o 17 de abril hai un novo encontro en Leboso, Forcarei, e alí habemos montar o posto de intercambio de sementes.

Máis info: http://fundaciongaliciaverde.org/index.php/altze/root/feiras

CARTEL_2016_p

Rede de Custódias de Sementes

A gente que formamos a Rede Galega de Sementes levamos tempo cavilando num sistema que nos permita assegurar a pervivência das sementes tradicionais, neste momento em que a indústria das sementes ameaça com apropriar-se do imenso legado biológico que herdamos.

Sabemos que muitas outras pessoas e grupos estám sensibilizados com este tema, e que há várias ideias para promover a criaçom de circuítos de semente tradicional de qualidade garantida.

Num encontro celebrado em Novembro em Tominho, definimos entre umhas poucas pessoas interessadas neste tema, procedentes da Galiza e o norte de Portugal, as linhas básicas para fazer realidade umha Rede de Custódias. Anexamos neste correio o documento resultante, que pormenoriza o funcionamento e objetivos da rede, assim como os critérios técnicos de obtençom de sementes.

Decidimos abrir a Rede a todas as pessoas que cumpram os requerimentos (veja-se o documento) para se tornarem Custódias, por isso che enviamos este convite. Se queres unir-te à rede, por favor lê o documento para te informares do funcionamento, e envia-nos um correio para dar-te de alta a edgarmartinezsierra@hotmail.es. Nesse correio, por favor envia-nos cuberta a ficha com as variedades que vás custodiar, para assim irmos confeccionando o catálogo de variedades custodiadas pola Rede.

Se conheces mais pessoas interessadas em preservar e aceder a sementes autóctones, ecológicas e de qualidade, por favor encaminha-lhe este convite.

Temos de prazo até o 1 de março para receber as altas e as fichas.

Um abraço!

Resumo do projeto de Rede de Custódias.

-OBJETIVOS

Queremos criar umha rede nom comercial de labregos e labregas que se baseie no apoio mútuo e a colaboraçom, com os seguintes objetivos:

1. Contribuir à preservaçom das variedades locais tradicionais de espécies vegetais alimentares (hortícolas, cereais, frutais…).

aspectostecnicos(corrixido)Ficha custodias textocustodias2. Facilitar o acesso a essas variedades, de qualidade garantida, por parte de membros da rede. Seguir lendo

III Encontro da Rede en Betanzos- 13 de Febreiro

 

TRAE AS TÚAS SEMENTES PARA TROCAR EN BOTES!

E SE NON TES SEMENTES…NON DEIXES DE VIR QUE POR ALGO HAI QUE EMPEZAR! HABERÁ TAMÉN ALGUNHAS SEMENTES PARA COLLER SEN NECESIDADE DE TROCO E QUE POIDAS EMPEZAR A SEMENTAR.

 

E LOGO DISO…CHARLAS, OBRADOIROS, TÍTERES, FOLIADA, FEIRA DE PRODUCTORXS E ARTESÁNS…E A COMPARTIR UNHA

FERMOSA XORNADA NO MATADOIRO DE BETANZOS, RÚA DA MARIÑA.

 

ESPERÁMOSVOS!!
cartaz sementes

O troco de sementes continúa ao longo do ano

Querendo que as sementes sigan vivas, ao longo de todo o ano e desexando facilitar a súa difusión e sementeira máis alá das feiras de sementes.

Pensando naquelas persoas que non poidan asistir ou non teñan sementes disponibles nas datas das feiras de sementes

Proponemos prolongar o troco de sementes ao longo de todo o ano.

Cada 1º e 3º domingo do mes, de 10.30 a 12.00 na antiga escola de educación infantil de Chandebrito, Nigrán

XV Encontro de Sementes, Gondomar, sábado 9 maio

encontro-gondor-2015-page-001

 

Novo Encontro da Rede Galega de Sementes no Val Miñor

Diante da Casa do Concello de Gondomar

PROGRAMA:
10:00h Apertura da Feira
11:00h Apertura da mesa de troco: Trae as túas sementes para trocar
12:00h Taller de preparados vexetais para a horta (Bernardo)
14:00h Xantar popular. (Trae comida para compartir)
16:00h Apertura da mesa de troco.
16:30h Revalorizando o Monte (Comunidade de Montes de Couso)
17:00 Mesa Redonda: Agricultura Ecolóxica no Val Miñor
(Tereixa, Ricardo e Iago)
19:00h Peche da mesa de troco
19:30h Concerto de música tradicional

E o longo do día feira de alimentos
ecolóxicos e da horta familiar tradicional
Taller arte: “De la semilla, la planta crece”

FEIRA DAS SEMENTES