IV encontro da rede galega de sementes, desta vez en Compostela.

O encontro terá lugar o sábado 17 na Porta do Camiño.Pincha aquí para ver o mapa.

Para aqueles que traiades sementes para compartir, lembramos unhas instruccións básicas para poder xestionar o proceso do xeito máis sinxelo posible:

1.    Cubrir cadansúa ficha para cada tipo de semente entregada (se xa a traedes cuberta da casa, moito mellor). Existe un modelo de ficha como exemplo. Se aínda así tes dúbidas, pregunta ás persoas que están na mesa de recepción.

2.    Entregar as fichas e as sementes na mesa de recepción.

3.    Recoller sementes na mesa de troco.

Tamén é importante lembrar un par de NORMAS DE ENTREGA DE SEMENTES de cara a que se poidan conservar correctamente:

1.    Procura que as sementes estén limpas e secas .

2.    Lembra a data da colleita das sementes.

A continuación podes ver o horario das distintas actividades: