Sábado 30 de abril REUNIÓN DE TRABALLO

Este sábado, 30 de abril ás 18.30h, na Casa de Cultura de Redondela, haberá unha reunión de traballo da Rede Galega de Sementes. Entre outras cousas, valorarase o funcionamento das mesas de intercambio da Feria de Leboso celebrada o pasado 9 de abril. Tamén falaremos dos próximos encontros de intercambio da Rede Galega de Sementes.

Fichas informativas sobre os distintos tipos de sementes

O pasado domingo, dentro do encontro de Leboso organizamos un intercambio de sementes. Algúns dos nos@s compañeir@s crearon estas fichas que estivemos a repartir.