Ao longo do ano, troco en Nigrán

Querendo que as sementes sigan vivas, ao longo de todo o ano e desexando facilitar a súa difusión e sementeira máis alá das feiras de sementes.

Pensando naquelas persoas que non poidan asistir ou non teñan sementes disponibles nas datas das feiras de sementes

Proponemos prolongar o troco de sementes ao longo de todo o ano.

Cada 1º e 3º domingo do mes, de 10.30 a 12.00 na antiga escola de educación infantil de Chandebrito, Nigrán

As persoas interesadas deben poñerse en contacto con Jorge no 986363458 para confirmar

9 Respostas

  1. Ola, estou comezando a aprender un pouco sobre horta (en xeral e ecolóxica en particular, aínda que son afeccionado e aprendiz) e gustaríame facer intercambio de sementes, mais teño dúbidas de se as sementes comerciais poden servir para intercambiar. Como podo conseguir sementes tradicionais e de calidade?

    En realidade tamen estou pensando (é unha idea) en facer algunha plantación de árbores (froita, noces, castiñeiro…) na Mariña de Lugo (talvez no concello de Alfoz).

    • nestes días haberá un encontro de sementes en leboso e en ourense. tes máis información no blogue.

      chao e perdoa por tardar tanto en respostar.

      • quixera preguntar cando son os escontros de ourense..grazas

      • As distintas iniciativas da Rede xurden do interese de xente en diferentes partes de Galicia por cambiar o xeito de adquirir as sementes e o xeito de producir en xeral. A día de hoxe a Rede como tal non ten ningún encontro programado en Ourense, así que eso vai depender de que haxa xente interesada en organizar un Encontro aí.

  2. Se queredes eu podo aportar semente de millo corvo. A ver si me cadra ben algún dos encontros. Apertas

  3. Bos días. Hai algún encontro planificado próximamente? tamén me gustaría saber si as sementes tamén se venden ademáis de trocálas, posto que eu estou comezando de cero nesto mundo.
    Saúdos

  4. Boa noite.son Montse de Moraña e estou interesada na custodia de sementes. Non vos saberia decir por cal teño preferencia.eso si.ñrefiro que non sexa solanacea.

Deixa unha resposta a Carlos Fraga Cancelar a resposta